Mudanzas na web
 
41votadas

Xosé Manuel Pérez Bouza abandona o BNG

As baixas significativas sucedem-se nol BNG. A última, a do ex-senador Xosé Manuel Pérez Bouza, remitiu umha carta aos meios de comunicaçom na que fai pública a sua decissom. Pérez Bouza, que nas elecçons do 20 de novembro encabezou a lista dos nacionalistas por Ourense, asegurou ao El País que “de momento” deixa a política ativa.

etiquetas: pérez bouza, bng, +g
negativos: 0  usuarios: 24  anónimos: 17  orde:   compartir:  cabozo  twitter  facebook  buzz  friendfeed
    (-)  Non puido resistir a presión:
    chuza.gl/story/causa-galiza-exige-direccom-do-bng-desautorize-as-petico

    {grin}
    #1 votos: 7, karma: 79 link
    el 10-02-2012 12:48 CET por raxozorza
    (-)  Cruel com os débis e os dissidentes, e servicial com os poderosos. Mais umha vez.
    #12 votos: 1, karma: -11 link
    el 10-02-2012 21:13 CET por alva
    (-)  Está vostede ben? Precisa axuda?

    Son cruel eu cos amigos da OTAN? {confused}
    #16 votos: 0, karma: 20 link
    el 10-02-2012 22:44 CET por raxozorza
    (-)  chuza.gl/c/42054 + chuza.gl/c/42167 {grin}
    #2 votos: 1, karma: 40 link
    el 10-02-2012 13:04 CET por riscogz
    (-)  Con Teresa Taboas saco o sombreiro... abandona sendo diputada, con Pérez Bouza xa teño algunha dúbida:
    por qué non abandonou cando era senador? Por qué agora que xa está fora das institucions?
    Ira, cecais, a outro caladeiro máis proveitoso?
    #3 votos: 4, karma: 17 link
    el 10-02-2012 13:15 CET por petopitopato
    (-)  Não serei eu quem o julgue. Mas semelha que estão a marchar todos depois da assembleia porque tinham esperança de mudar o BNG da maneira que da que eles gostariam nesta assembleia. A militância disse-lhes que nanai e marcham. Podemos pensar que são todos pessoas que agem por motivos egoístas, mas imagino que haverá de tudo. No caso de Peres Bouça não o sei, mas já levava tempo a avisar (e muitos eram os que lhe diziam "não avises mais e marcha já"). Pois já está.
    #4 votos: 0, karma: 20 link
    el 10-02-2012 15:13 CET por --4361--
    (-)  A xente comeza a posicionarse. Hai un tempo só eran voces soltas pero tras estes meses previos á asemblea, e sobre todo tras o claro enfrontamento dialéctico durante a mesma, multiplicaronse as voces que apostan por abandonar o BNG.

    Os que xa o tiñan claro van marcando o camiño para comprobar se o resto aposta tamén por marchar e montar unha alternativa. Pérez Bouza e Teresa Táboas levan meses sendo críticos e apostando pola separación, eles tiñano claro, marcan a senda que poden seguir primeiro Encontro Irmandiño esta fin de semana e en marzo Mais Galiza.

    Eu sinceiramente non o vexo negativo, hai dúas sensibilidades incompatibles neste momentos dentro do BNG, unha parte da sociedade está pedindo outra altermativa e unha parte do BNG está por esa laboura, pode ser unha oportunidade.

    Por outra banda, a outra parte do BNG leva tempo facendolle a vida interna dificil aos da liña contraria e tentando radicalizar a postura pública do BNG, así que sen á beira socialdemocráta e altermundista poden achegarse máis aos postulados soberanistas, polo que tamén é un alivio para eles.

    Nos dous casos deixan de perder o 90% do tempo nas liortas internas e poden adicarse o 100% a defender Galiza dende o seu punto de vista. Despois que decidan os galegos...
    #5 votos: 3, karma: 65 link
    el 10-02-2012 15:40 CET por ventoferido
    (-)  "así que sen á beira socialdemocráta e altermundista poden achegarse máis aos postulados soberanistas"
    E logo é incompativel ser soberanista com ser socialdemócrata, ou ser altermundista?

    Rachemos tópicos. Isto tamém é um problema.
    #7 votos: 1, karma: 22 link
    el 10-02-2012 17:28 CET por phoenix
    (-)  Non estou a falar de ideoloxía senón de sectores ideolóxicos:

    Resumindo, simplificadamente o BNG ten agora mesmo tres grandes grupos: Comunista, Socialdemocrata e Altermundista. Cos cambios sociais destes anos e o declive do BNG concretouse o posicionamente interno de cada quen para ofrecer unha sáida, tanto interna como social, chocando brutalmente ambas posturas, a máis dogmatica da UPG e a mais aberta de +G e EI, e cando nun momento crítico coma este non podes traballar políticamante o impulso a facer algo é moito maior, de aí que moitos que nunca pensaron marchar do BNG porque era unha ferramenta que ía funcionando, agora sí aposten por marchar e montar algo alternativo ao ver que o camiño elexido non é o seu, o BNG segue a baixar, a sociedade non responde e aumenta a cantidade de descontentos tanto dentro coma fora da organización.

    Soberanistas, si queremos entender independentistas, coñezo nos tres sectores do BNG así que por aí non viña o meu comentario. Este viña polos autochamados partidos soberanistas: Causa Galiza, NOS, FPG,... que tras unha posible escisión terían menos reparos en colaborar cun BNG máis comunista e "soberanista" no sentido máis radical, ou ao revés, o BNG tería menos reparos en colaborar cos colectivos "soberanistas".

    Nunca entendín distincións das persoas por cambiar palabras como independencia, Soberanía e Autodeterminación. Colectivos que non cooperan por diferencias semanticas éche xa a repanocha.
    #9 votos: 0, karma: 19 link
    el 10-02-2012 18:02 CET por ventoferido
    (-)  Entom, marchariam porque nom podem/querem dar a batalha interna ou porque acham que mesmo vencendo nom poderiam fazer essas suas políticas tam diferentes? Porque o que parece desde fora é que o único que lhes une é um "inimigo" comum, pois as propostas ideológicas de +G e EI estâm mais afastadas entre elas do que cada dũa elas coa ApU (que realmente fai e propom políticas socialdemocratas).

    Para além, se tam certos som ou estâm, como é possível que nom tenham capacidade de negociaçom dentro do BNG? Eu nom entendo nada. Ou mui mal informado estou (que bem poderia ser), ou estâm resultando mais dogmáticos e muito menos flexíveis os anti-U que os próprios U (falo de estratégias e ideologias, claro).
    #11 votos: 2, karma: 36 link
    el 10-02-2012 19:26 CET por josinho
    (-)  Autodeterminaçom é a capacidade de decidir se queres ser independente ou nom. Autodeterminaçom é como a maioria de idade. Soberania é poder, poder de tomar decisons e executá-las.

    Defender a autodeterminaçom é ser democrata, porque é reconhecer um direito. Ser independentista é umha proposta política concreta, de quem quigera dotar a Galiza dum estado próprio e separar-se de Espanha.
    #14 votos: 0, karma: 9 link
    el 10-02-2012 21:24 CET por alva
    (-)  Em todo isto tem que haver muito mais do que se está a contar. O BNG sempre foi um tinglado mui fraco e mui fácil de manipular desde fora, e isso que está baixo o megacontrol da U. Há tantas perguntas sem resposta que nom me parece verosímil que seja simplesmente a história que se está a espalhar.

    Com independência de que o digam tenha de certo ou falso, é-me impossível concordar com eles polo jeito no que estâm fazendo as cousas, estâm-se desprestigiando e nom podo acreditar que nom sejam cientes: como vam ter credibilidade na política se dim que marcham porque nom aturam? Entom vam aturar pressões a sério, das que fam dano, como as da banca, as multinacionais, e outras ONGs? E que pactos vai haver estando todo tam envenenado já?

    Se alguém o entender, e mo explicar...
    #6 votos: 1, karma: 27 link
    el 10-02-2012 16:06 CET por josinho
    (-)  Eu som um desses que vota ao BNG apertando o nariz. E a Nos-Up, muito mais coerentes, nom os voto por umha má vissom minha da utilidade, e porque eu nom som tam da póla da esquerda talvez.O que que sim acredito é num estado galego.

    A ver se algum dia podo votar sem aguantar a respiraçom, já vai sendo hora.
    #8 votos: 0, karma: 13 link
    el 10-02-2012 17:32 CET por phoenix
    (-)  Pois se quere votar a esta xente que se vai do BNG porque "non aturan", vaia preparando a papeleta do PSOE, ao tempo...
    #10 votos: 3, karma: 51 link
    el 10-02-2012 18:10 CET por raxozorza
    (-)  {blank} {confused}
    #13 votos: 0, karma: 14 link
    el 10-02-2012 21:15 CET por o_pArAsiTo
    (-)  e tanto...
    #15 votos: 0, karma: 8 link
    el 10-02-2012 21:48 CET por nacionalistagz
    (-)  Os que ainda somos parceiros, é a distancia a que nos salva. Presenciei razias incomprensíbeis que entullaron a posibilidade de alargar militancia e que os que xa eran, poideran desenvolverse e aprenderen dende a acción local. Por fin a UPG ten candidato próprio. Preocúpame o desbalde de persoas e capacidades.
    #17 votos: 0, karma: 6 link
    el 11-02-2012 07:54 CET por avelino
comentarios pechados

Chuza