Mudanzas na web
 
46votadas

Praza Pública comezará en xaneiro de 2012

Hoxe á mañá presentouse no Consello da Cultura Galega a un grupo de representantes do sector cultural e da opinión a iniciativa dun novo medio dixital en galego: Praza Pública, da man dos seus promotores, Manuel M. Barreiro, Filipe Díez e Marcos Pérez Pena. Os responsables concretaron a idea do seu medio dixital, que definiron como "eminentemente xornalístico" e defenderon a existencia dun nicho de mercado "para este proxecto e outros coma este".

etiquetas: jornalismo, internet, rede
negativos: 0  usuarios: 22  anónimos: 24  orde:   compartir:  cabozo  twitter  facebook  buzz  friendfeed
    (-)  Aproveito este lugar para agradecer a recepción tan positiva que lle tedes dado a Praza Pública nesta comunidade, ben como noutros ámbitos. É un desafío, pero tamén un orgullo, traballar en e por un país cheo de vida e de vontade de saír adiante. Desde Praza, tentaremos achegar o noso gran de area a esa tarefa.

    O máis belo está por vir. E virá. E non ha tardar.
    #1 votos: 8, karma: 148 link
    el 04-11-2011 21:17 CET por filipe
    (-)  Xa pode estar ben. Que sentido ten dicir en internet e no século XXI que un proxecto de actualidade vai dar comezo dentro de dous meses? Isto lémbrame aos que periodicamente gozan meses do discurso de facerlle unha excisión ao BNG e unha vez que liscan non pintan nada en ningures. Espero que pague a pena agardar
    #2 votos: 0, karma: 7 link
    el 04-11-2011 23:20 CET por turonio
comentarios pechados

Chuza