17
Afrontei a asemblea do BNG co sereno escepticismo que procura o non ser militante, nin afiliado nin integrante de corrente ningunha. Un mero votante, deses con moita fe, dos que levan anos acreditando no que aínda non viron. Houbo a lóxica escenificación dun proceso asembleario: xente que vota, xente que decide e xente compracida polo que se adoita chamar, moi pomposamente, o triunfo da democracia, con todo o que iso ten de inapelábel.