24
Unha completa investigación sobre a cultura castrexa que caracterizou á Europa Atlántica do primeiro milenio antes de Cristo. O arqueólogo galego Xosé Lois Armada, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Santiago de Compostela, e o seu colega Tom Moore, profesor da Universidade de Durham (Reino Unido), editaron "Atlantic Europe in the First Millennium BC: Crossing the divide", a monografía máis avanzada e completa sobre a Europa Atlántica no primeiro milenio antes de Cristo.