24
Hoxe lembreime de dúas imaxes. Busqueinas polo computador e alí estaban.Dúas empresas diferentes, o Pazo de Vilaboa e o Hotel Louxo, mais a mesma orde de obrigado cumprimento: non fale en galego.As imaxes son vellas. Con todo, son descoñecidas fóra do ámbito prolingueiro ou filogalego. Non abriron portadas de xornais; os opinadores mais aguzados dispostos a loitar contra as inxustizas non lles dedicaron un dos seus artigos de opinión; non apareceron nos telexornais nin en ningún boletín informativo das radios. É como se non existisen.
youtube.com/watch?feature=endscreenM
youtube.com/watch?v=BRCvEu58IIQ