atopados: 392, tempo total: 0.019 segundos rss2
7votadas

Sem fundos para suster uma ONG ferrolana que apoia 1.200 drogaditos

No lado 'B' da crise, há muitas vítimas. Atrás de desemprego, despejos, a fome e outros dramas escondem-se cortes que os agravam como as adições.

30votadas

Greve geral comarcal em Ferrol, Eume e Ortegal

Primeiras horas da greve comarcal en Ferrolterra: recolhida de lixo, Einsa, transporte ou Navantia, totalmente paralizados. A comarca protagoniza um paro comarcal convocado por CIG, USTG, CCOO e UXT para exigir soluções para uma zona abandonada polas administrações e machucada pola crise. “A sensación que temos é moi positiva, estamos seguros de que a folga vai ser un éxito” asegurava o co-responsável comarcal da CIG de Ferrol, Manel Grandal, matizando que estão aderindo á convocatória colectivos mui divergentes: dende autónomos...

15votadas

O PP rexeita a moción a favor da construción do dique flotante en Ferrol

O PPdeG rexeitou unha iniciativa, presentada polo PSdeG e respaldada polo resto dos grupos da oposición, que reclamaba á Xunta “construir de forma inmediata” o dique flotante na ría de Ferrol. “A Xunta non pode facer o dique flotante, tenno que facer Navantia, a Sepi”, argumentou o deputado popular Miguel Tellado para xustificar a sua postura en contra.

28votadas

O tren dende Ferrol a Vigo custa case o dobre que ata Madrid

E a viaxe á capital vale 3 € menos que a Lugo, malia estar a 600 km. de distancia

17votadas

O traballador de Navantia, en liberdade con cargos

Os traballadores do naval volven á palestra e nunca mellor dito porque esta mañá foi detido un traballador de Navantia acusado de “desorden público” na presencia dos traballadores do Naval e doutros colectivos no Pleno municipal de Ferrol a semana pasada. Despois de declarar no xulgado, foi posto en liberdade, con cargos, contra as 12,15 do mediodía. Os traballadores de Navantia que acudiron á rua Coruña a apoialo, concentráronse despois, en sinal de protesta, na Praza de Armas.

16votadas

O Colexio de Xornalistas lamenta a decisión de Editorial La Capital de aplicar un ERE temporal nos seus cinco xornais

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamenta a decisión de Editorial La Capital de aplicar un expediente de regulación de emprego (ERE) dun ano de duración nas súas cinco cabeceiras: El Ideal Gallego, DxT Campeón, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.

12votadas

O naufraxio do Castillo Coca, unha traxedia para Poio

O día 2 de decembro de 1947, á entrada da ría de Ferrol, nas rochas da Moa (Punta do Segaño) un forte temporal de vento con abundante chuvasquería, fende en dous pola parte da ponte ao vapor “Castillo de Coca” sen que os esforzos do Remolcador nº 11 da Armada por rescatar aos seus desesperados tripulantes que, entre berros e choros, facian inútilmente soar a campá do barco, dese resultados positivos.

 sen comentarios en: Cultura, Historia karma: 123
17votadas

Unha folga comarcal en Ferrolterra exixirá "solucións" á grave crise da comarca

Como nos anos da reconversión naval. Todos os sindicatos maioritarios uníronse outra vez en Ferrolterra e as súas comarcas máis achegadas para convocar unha folga xeral o vindeiro 12 de xuño na zona. A grave crise pola que atravesa o naval ferrolán, á espera dos floteis de Pemex que non chegan e dun dique flotel que o propio Goberno parece descartar, é unha pinga máis -e moi grave- na desesperación dunha comarca que ve tamén como se desmantela un sector, o eólico, que perdeu milleiros de empregos nos últimos meses

Data: 12/06/2013
13votadas

As protestas cidadás paralizaron o pleno en Ferrol

Hai días nos que a carraxe pola situación económica estoupa necesariamente. Hai razóns para a protesta, tantos coma desempregados e tantos como conflitos laborais ou sociais. E a comarca de Artabria ten moito de todo iso. Precesiamente esta quinta coñecíanse os datos da EPA que sitúan a taxa de desemprego en Ferrol no 32% da poboación activa. Traballadores e traballadoras do naval e doutros sectores e empresas, coma Poligal, Maderas del Noroeste, Tecnymo ou FIMO, da sanidade e do ensino, afectadas polas preferentes e vítimas dos despexos...

16votadas

Miguel Alonso acada o premio Lidera Ferrol co tema "Días Raros" do dobre cd República Billarda

"Lidera Ferrol é un certame que organiza o Concello de Ferrol dende o ano pasado, ao estilo un pouco dos Galiza Crea (agora Xuventude Crea), con diferentes modalidades. Estou moi contento de recibir o primeiro premio este ano. "Días raros" é unha auténtica rareza do meu repertorio pero que cada vez se abre máis paso tamén nos directos. O premio tamén é un pouco da xente que fixo República Billarda xa que sen eles non a tería escrito fai un par de anos, un inverno en Granada." republicabillarda-gz.bandcamp.com/track/d-as-raros

 sen comentarios en: Cultura, Música karma: 121
16votadas

Material sanitário entre a meia tonelada de lixo recolhida na praia em Carança, Ferrol

Foi imposible rematar as tarefas nunha soa xornada, os centos de quilos retirados (máis de 500) dan unha lixeira idea do estado calamitoso en que se encontra a ría de Ferrol. recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

17votadas

Despexada en Ferrol con dous pequenos ao seu cargo

Un novo despexo dramático. Ana María e os dous menores ao seu cargo, de 14 e 17 anos, foron desaloxados do seu piso en Ferrol polo impago de tres meses de aluguer. Malia as súas peticións e a de colectivos contra os despexos, Asuntos Sociais do Concello limitouse a facilitarlles un cuarto nun hostal e 60 euros, ademais da posibilidade de que a muller puidese ir comer á Cociña Económica, pero en ningún caso cos dous menores.

21votadas

Ducias de comercios pechados na mesma rúa de Ferrol pola crise económica vídeo

Rúa Madalena. Centro de Ferrol. Nova tenda de "Compro ouro" e ducias de comercios nunha mesma rúa que se viron obrigados a pechar pola crise económica. No total da rúa remataron por haber máis comercios pechados que abertos. O mesmo que noutras rúas céntricas da cidade. A rúa, que se voltou a facer coma peonil hai poucos anos, contrasta co abandono ao que levou o peche de comercios.

18votadas

Voluntarios retiran máis de 200 quilos de residuos do regato de Doniños

O colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos retiraron ao longo desta fin de semana "máis de 200 quilos de residuos" e "outros centos máis de madeira" do regato de Doniños, en Ferrol. recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

11votadas

Ferrol_ Escabeche de Xurelo, gaña o concurso de petiscos "Tapéate"

Realizada polo bar, O Camiño do Inglés, na rúa Santo Francisco, 17. O segundo premio levouno "La casa de La Troya" cun chocos recheos de grelos, e o terceiro o "Mesón Alfonso" cunha combinacións de solombo de cocho ibérico con champiñóns, a quen o público dou porén, o primeiro premio

14votadas

Premio "Xosé Couso da Liberdade de Prensa"

...Agora cúmprense nove anos dende que o Club de Prensa de Ferrol e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia crearon o premio que leva o seu nome. Este ano recaeu na xornalista “freelance” Mónica García Prieto que reside en Beirut dende o ano 2007 e está a cubrir o conflito de Siria, logo de pasar por Iraq, Afganistán, Líbano, Xordania, Chechenia, Gaza, Cisxordania, Exipto, etc, sempre no ollo do furacán. Mónica virá a Ferrol a recoller este simbólico galardón o próximo día 9 de maio.

Data: 09/05/2013
20votadas

Ferrol na película "Así é Galicia" (1964) vídeo

Fragmento da película documental do ano 1964, dirixida por Santos Núñez, na que se pode ollar Ferrol, Pontedeume e os arredores nun video en cor.

 2 comentarios en: Cultura, Historia karma: 108
24votadas

Traballadores de Navantia queiman bonecos de Feijoo e Rey Varela

Ao redor de dúas mil persoas manifestáronse este xoves pola máñá polas rúas de Ferrol nas proximidades da sede do PP e do Concello, moi protexido pola policía. As razóns, as mesmas dos últimos meses: reclamar carga de traballo para un sector que esmorece, os máis de dous milleiros de empregos destruídos nos últimos 18 meses e unha morea de promesas incumpridas. A finais deste ano entregarase o único buque que queda en construción en Navantia, o LHD encargado por Australia, pero os traballos xa se finalizarán meses antes.

24votadas

Corea do Sur xa está a entregar os barcos que PEMEX ía construír en Ferrol

A empresa estatal Petróleos Mexicanos (Pemex) informou que recibiu o terceiro dun total de catro buques tanque fabricados con altos estándares técnicos e ambientais pola firma surcoreana SPP Shipbuilding Group, para a renovación da súa frota.

20votadas

Navantia, efecto dominó sobre Ferrol

Sen contratos, dique nin flotel, os estaleiros públicos de Navantia encaran a súa peor crise e arrastran na súa caída a outros sectores de toda a bisbarra.

« anterior12345...20» seguinte

Chuza