Video projectado na apertura do VI Congresso confederal da CIG
Tres persoas denuncian o propietario de Mariel Boutiques da cidade viguesa por agresións e insultos, segundo informan desde a CIG. Dúas delas tiveron que ser atendidas en urxencias após unha protesta autorizada fronte á casa do empresario.
Cédelle ao grupo Aspanas -ao que pertence Amencer Reciclado- por 50 anos e de forma gratuíta o antigo hospital psiquiátrico de Toén, en Ourense. “Trátase dunha infraestrutura de 400.000 metros cadrados que se atopa en monte comunal cedido no seu día para uso hospitalario e que agora vai ser entregado a unha entidade con ánimo de lucro que aínda enriba fai negocio con persoas con discapacidade”. Anxo Pérez Carballo, membro da Executiva Confederal da CIG, explica que na actualidade a empresa atópase en fase de concurso.
a reunión non tiña outro obxectivo que transmitir en persoa, a través dos técnicos e responsábeis da Xunta de Galiza, que levan tutelando a empresa no último ano, que se consumaba o fracaso para reflotar Alimentos Lácteos”. “Dito doutras palabras, serviu para descargar un carro de chapapote sobre Leche Pascual, iso si, destacando que a Xunta continuará agardando para axudar, sempre e cando se apareza un “milagre”, ou como din, ‘un socio industrial que achegue experiencia, capacidade de xestión e capacidade financeira’”.
A CIG ten convocadas mobilizacións de delegados e delegadas en distintas comarcas de Galiza, o vindeiro xoves día 16 de maio, con asembleas previas nas que se analizará a situación socioeconómica e laboral, centrando o debate no escenario que se vai crear a nivel de estado ante a convocatoria, para ese mesmo día, dunha xuntanza entre o goberno, a patronal e os sindicatos españois CCOO e UGT, para acadar un hipotético ‘pacto social polo emprego’.
Contadas por xunto ou por separado, as manifestacións convocadas neste primeiro de maio por CC.OO. e UGT por unha banda, a CIG pola súa, e centrais coma CUT, CGT ou CNT pola outra, tiveron unha participación moi numerosa. A CIG celebrou a súa manifestación central en Vigo e CC.OO. e UGT na Coruña e en ambas as dúas a participación roldou as 20 mil persoas, segundo os organizadores.
Goberno da patronal contrata persoal para controlar desempregados, mentres despide orientadores laborais. Pero hai máis. Segundo denuncia a CIG, os últimos traballadores encargados da supervisión e control das subvencións a empresas recibiron instrucións no pasado mes de xaneiro do subdirector xeral de Apoio á Contratación nas que "prioriza localizar os cumpridores antes que destapar os incumpridores para así evitar perder parte dos fondos comunitarios". Todo, despois de advertir da importancia de xustificar as subvencións ante Europa.
Nunha sentenza notificada este mércores, día 3 de abril, o Xulgado Central do Contencioso-Administrativo núm. 2, con sede en Madrid, estimou o recurso da Confederación Intersindical Galega (CIG) contra a resolución do Secretario de Estado da Seguridade Social que fixaba os obxectivos de xestión para o ano 2011, e que servían de base para o cobro do complemento de produtividade dos médicos do ISM.
No ano 2007 o Director Comercial de Caixa Galicia a nivel galego deu instrucións moi claras e precisas aos Directores das Oficinas para que se utilizasen as emisións do mercado secundario como “suministrador de IPF”, (imposicións a prazo fixo), incluso para as renovacións.
O Comité Intercentros vén de convocar a traballadores e traballadoras da Voz de Galicia á primeira xornada de loito no marco do período de consultas aberto pola empresa para a inaplicación do Convenio Colectivo. Unha xornada que coincide coa reunión que manterá este martes o comité coa empresa e para a que convida ao persoal a acudir a traballar, tanto nas redaccións como fóra delas, ataviados/as de negro como forma de manifestar a opinión que lle merece a proposta empresarial.
O líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, confirmou nesta quarta feira que mantivo um encontro "a nível pessoal" e "discreto" com o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, e que proporam às direçons das suas respetivas formaçons políticas que tenha um encontro "formal" a fim de "por sobre a mesa a visom que se tem por ambas partes e a partir daí começar a falar".
A flota cefalopodeira galega leva nove meses parada. O veto á pesca de polbo en augas territoriais de Mauritania a causa da falta de acordo entre este país e a Unión Europea levounos ao cesamento forzoso da súa actividade e a súa situación, denuncian, xa é "dramática" en termos de emprego.
A comisión de garantías da CIG acaba de anular a elección de Cándido Sartier fronte a CIG-Saúde-Pontevedra. Agora queda electa Silvia Pisos a candidata da CIG e do BNG pontevedrés. Esta decisión ven do conflícto xurdido coa política sanitaria da CIG, xa que Sartier aposta por un hospital novo en Pontevedra pero público e o sector de Pisos aposta polo mantement do Hospital Montecelo. Sarter e a súa xente están amenazando con facer unha excisión.
A CIG-Ensino iniciou unha campaña para que o profesorado lle envíe unha tarxeta de Nadal ao conselleiro de Educación esixindo a paga extra de Nadal. A CIG-Ensino fai un chamamento a todo o profesorado para que participe e conseguir así que Jesús Vázquez reciba máis de 30.000 envíos. cig-ensino.com/tarxeta
Alertan de que con este tipo de informacións, que pretenden presentar ao persoal ao servizo da administración como uns privilexiados non só se está atancando á súa dignidade como traballadoras e traballadores, senón tamén, de forma encuberta, aos propios servizos públicos, que teñen como obxectivo desmantelar. CIG-Administración, CIG-Ensino e CIG-Saúde lembran que os empregados e empregadas públicas non son os responsábeis da crise, non viviron nunca por riba das súas posibilidades e que todo o que cobran aparece reflectido nas súas nóminas...
A CIG vai subastar os bens embargados para cubrir os 5.000 euros que Iravedra Lestal, membro da dirección provincial do PP en Lugo e representante deste partido no consello da CRTVG, adebeda a unha traballadora. Négase a a pagarllos malia a existencia dunha sentenza xudicial en firme. A negativa a abonar os 5.000 euros, ademáis, resposta a unha "actitude de culería e prepotencia" pois, sinala a CIG, "esa cantidade non é tan alta como para que non poida facerse cargo dela mais si que supón unha cantía moi importante para a traballadora"
A CIG manifesta que ante a gravidade dos recortes, cómpre dar na rúa unha resposta igual de contundente. Por iso o secretario xeral, Suso Seixo, anunciou a convocatoria de manifestacións-cazoladas en todas as cidades o 19 de xullo e a convocatoria dunha folga xeral en setembro. A CIG contactará coas organizacións sindicais máis representativas e maioritarias para intentar fixar un calendario conxunto de mobilizacións de cara a esa convocatoria que entende debe ser a nivel de estado. De non acadar un acordo, manterá a data.
A Executiva Confederal da CIG manifesta a súa máis absoluta repulsa pola sentenza de tres anos e un día de prisión contra Marcos Cadórniga, liberado sindical de CIG-Servizos, Carlos Alján, delegado da central sindical en Froiz e o sindicalista de CCOO Carlos Búa, pola súa particiación na folga de comercio de alimentación en 2009. Unha sentenza que a Executiva considera absolutamente desmedida e que entende que ten como obxectivo criminalizar o sindicalismo e limitar a súa capacidade de actuación na defensa dos dereitos das traballadoras/es
Con motivo do Día da Clase Obreira Galega a CIG convoca manifestacións, o sábado 10 de marzo, en todas as cidades, ademais de en Vilagarcía e Ribeira, contra a reforma laboral que vén de aprobar o PP. Unha reforma que supón a demolición dos dereitos do traballo e saquea á clase traballadora, para contentar aos grandes empresarios, á banca e aos máis ricos. Ante isto, a CIG chama aos galegos e galegas a mobilizarse para responder, con toda a forza necesaria, e impedir a consumación desta agresión brutal contra a clase traballadora.
A Associaçom Galega da Língua (AGAL), em parceria com o sindicato CIG-Ensino, organiza um curso on-line de português intermédio. Terá uma duração de 30 horas e decorrerá do dia 2 a 15 de março de 2012, ambos inclusive. O período de inscrição está aberto desde hoje, 24 de fevereiro. Há um total de 250 vagas disponíveis para esta atividade formativa que, aliás, computa a efeitos de sexénios e transferências de centro de trabalho.