A FESGA presenta un audivisual que recolle a análise sobre o recente acordo de CCOO e UGT coa patronal de CEOE e CEPYME (“II Acuerdo para el empleo y la negociación colectiva”) , para o cal entrevistamos a Xesús Seixo, secretario xeral da CIG, e máis a Antolín Alcántara, secretario confederal de negociación colectiva da central.
O antigo chuceiro (aínda que agora inactivo) Mario Maceiras é o secretario de ‘Monte Pindo, Parque Natural’, unha asociación que loita para que este espazo natural e cultural único teña o máximo grao de protección.
Este domingo, às 11h da manhá convoca-se umha jornada de trabalho no local da Semente (Salvadas 47, na Vista alegre). Abriremos umha senda até o rio, pintaremos o galinheiro, e algumhas outras cousinhas que cumpre fazer. Anima-te, aparece e pom o teu grau de areia!
Piratas de Galicia (de siglas PIRATA.GAL) é un partido político de ámbito Galego herdeiro da ideoloxía do Partido Pirata de Suecia. PIRATA.GAL aposta por ser un partido diferente, cunhas ideas claras, ben definidas e centrados no cidadán. Por iso a democracia participativa e unha das bases do noso partido, para que o votar a PIRATA.GAL esteas a votar por ti mesmo.
Vituco Neira atópase nos últimos meses nunha encrucillada de micrófonos, equipos de son e técnicos que transforman a súa voz en Música do País e no voceiro dun País de Música. Xunto outros seis amigos (Alex Sevilla, Xaco Barona, Antón Torroncho, Miguel Duarte e Xan Pericán), os Ruxe Ruxe baixarán de Aríns a Compostela (Sala Capitol, 31 de marzo) a mostrar a súa oitava colleita musical.
A empresa Celega, que se dedica à fabricação de queixos e à compra-venda de leite na sua feitoria do Savinhao (Lugo), vem de remitir um modelo de contrato às explorações que lhe subministram para comprometê-las a entregar todo o leite que produzam (com uma margem ±10%) durante quinze meses, e a comunicar com três meses de avanço o remate da relação contratual.
Un anuncio no Boletín Oficial da provincia de Ourense informa do subministro de samesugas, Hirudo medicinalis, ao Hospital de San Roque en 1854. O uso das samesugas en medicina estaba moi estendido na época. Os exemplares da Lagoa de Antela eran coñecidos en Franza e en Portugal e chegou a haber un importante comercio ao redor deles. Tal debeu de ser a súa notoriedade, que se chegou a escribir que se honraban "bebendo os sangues máis ilustres do Enciclopedismo e do Romanticismo galo".
Retranca vai retrasar a publicación do seu número 34. O peche de Coedis deixa a revista sen liquidez e nunha complicada situación.
'Para existir a nível mundial é preciso ter um estado no mapa-múndi. Caso nom se tenha, ter umha seleçom de râguebi também dá jeito e se os homens usarem saias o êxito está garantido. Outra hipótese é ser umha minoria nacional utente de umha língua internacional, caso do Quebeque ou a Flandres. Nós somos bastante invisíveis mas a nossa invisibilidade nasce de umha política linguística que esconde o Brasil, Portugal ou Angola. Podíamos fazer umha petiçom à RAG para que estudem a hipótese das saias (risos)'.
O Rock in Cambre contará na súa edición de 2012 cun acompañante de excepción: o Brincadeira Festival, que comezou a súa andaina en Ordes e que agora se traslada ao municipio cambrés nun intento de expansión.
Dia 10, sexta-feira. Mini e Mero às 21h30. Dia 11, sábado. Encontro de centros sociais: "Liberar espaços, construir poder popular". Às 16h30. Concerto de Pinchacarneiros e Milesios. Às 20h30.
Afrontei a asemblea do BNG co sereno escepticismo que procura o non ser militante, nin afiliado nin integrante de corrente ningunha. Un mero votante, deses con moita fe, dos que levan anos acreditando no que aínda non viron. Houbo a lóxica escenificación dun proceso asembleario: xente que vota, xente que decide e xente compracida polo que se adoita chamar, moi pomposamente, o triunfo da democracia, con todo o que iso ten de inapelábel.
Hai anos que Internet deixou de ser un territorio para early adopters e minorías. O uso das redes non deixa de aumentar, e con ela a súa importancia política, comercial, informativa e como soporte para a difusión de produtos culturais. O mundo xógase en Internet e non é raro que decisións e debates sobre a lexislación que regula o seu funcionamento, ou as tendencias e hábitos dos seus usuarios sexan noticia e monopolicen a actualidade.
Saberemos de onde vem o nome de Belvis, do Castrom D'ouro, da Mámoa, do Val de Deus, Atalaia, Entremuros, Pexigos, Trompas, Loureiros... E para conhecermos melhor a compostela medieval, visitaremos a exposiçom da Casa do Cabido "Compostela Dicitur", onde poderemos visitar as ruas, nomes e lugares do século XIII. Queríamos convidar-vos a participar do passeio e também perguntar-vos se conhecedes alguém que queira informar dos nomes "nom oficiais" (os nomes tradicionais que nom aparecem no mapa).
Um referendo sobre a unidade da Irlanda para a próxima legislatura é o que o vice-presidente de Irlanda do Norte, Martin McGuinness, propõe numa entrevista no jornal Irish Examiner ir.gl/eadf11. A proposta de McGuinness tem base legal: o Acordo da Sexta-feira Santa de 1998 prevê que se possa convocar um referendo de autodeterminação, mas também dá indicações que, agora mesmo, não parece que se cumpram. Estudos de opinião universitários assinalam que há uma sólida maioria pró-britânica. Fonte orixinal: ir.gl/d841fc
eumesmo1 en "O goberno espaÑol volve coller o carto dos cataláns para salvar bancos"
Galegoman en Autarca do Porto proíbe urinar e cuspir na rua
tximbalee en Galiza tamén terá o seu Partido Pirata