www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008082700_2_253645__GRAN...
enviado por xindilo hai 132 dias 15 horas 17 minutos, publicado hai 132 dias 12 horas 19 minutos
As instrucións que reciben os cruceristas que desembarcan en Vigo rozan o disparate. Por se fosen pouco as recomendacións que realizan as navieiras á súa pasaxe de non inxerir produtos crus ao chegar a terra, como as ostras, algunhas compañía aínda van máis alá nos seus estritos "consellos". Así, recomendan "evitar dar a man".
comentarios
No das ostras estou 100% dacordo. A metade das vezes que as comes, indigestom assegurada. Em Vigo ou onde for.
Com o tema da higiene, ha turistas muito emparanoiados. Os ianquis na America latina adoitan levar um spray desinfectante a base de alcool e frotam as maos com isso depois de tocar qualquer objecto: quando sobem ao bus, no restaurante, etc.
Penso que son consellos normais tendo en conta que falamos dun barco. Unha máis do Farol de Vigo.
Quero pensar que son normas xerais establecidas por un protocolo dos seguros e para evitar ter que custear unha evacuación en alta mar e deseñadas especificamente para librase de posibles reclamacións, e que en calquera caso serían para outros países non europeos especificamente, pero aínda así amólanme estes noruegueses que o fagan na miña terra,
non sei eu #2 se non metería algo o "farolo" de veneneo
som as mesmas recomendaçons que a mim me deu um médico quando viajei a "países nom europeus"... a mim pareceu-me muito despreciativo [nom o médico em si, mas o facto de ter esse tipo de protocolos] mas a pessoas do meu entorno pareceu-lhes normal "porque já se sabe que nesses países..."; pois outros pensam o mesmo do nosso país.