@riscogz Grazas pola corrección {smiley} Non vira a nova. Pois que conste que a lanzamos mañá en Arzúa e que chuceiros e chuceiras son moi benvidos {smiley}
"Vitaminas para o galego", unha campaña unitaria e en positivo para reforzar a lingua galega nos medios bit.ly/vh9CPg Participan 10 medios en galego, mais A Mesa e ProLingua. A presentación será mañá en Arzúa. Agradécese chuzada e difusión.
Contra a censura: texto aprobado no Claustro do IES Alfredo Brañas (Carballo) bit.ly/roHzKa Agradécese chuzada. Creo que é interesante como exemplo a seguir en cantos máis centros de ensino, mellor.
A sociedade toma a iniciativa e deféndese fronte aos recortes: a Iniciativa BenComún publica unha páxina na súa web para recibir denuncias de persoas que teñan quedado sen dereito á atención sanitaria t.co/uiDJVt3B e abre un grupo de afectados en Facebook t.co/a9VUlLaA
Galiza Livre acaba de filtrar o proxecto do novo xornal Praza Pública bit.ly/sa7Xsm A información é correcta, con 2 matizacións: (A) a foto da portada de Praza Pública non é a versión definitiva, que incluirá novas melloras; (B) Carlos Amoedo non participa no proxecto.
Estrañaríame que xa non fora chuzado, pero justincase: dou fe de que "O Brasil fala a língua galega" bit.ly/rprnBe Un artigo irrebatible do Prof. Barreto Rocha.
"Ti, si; ti, non": a Xunta non ten 50.000 € para as asociacións culturais, pero gasta 160.000 en financiar grupos antiabortistas bit.ly/nltm8t Post no meu blog.
[enredando] Novo post no meu blog: "Claves do informe da OCDE sobre a educación en España" bit.ly/noW60A
Conclusións: a pirámide educacional española está descompensada e constitúe unha fonte de desigualdades sociais; o gasto educativo é un bo negocio para o conxunto da sociedade, especialmente para o sector privado; o esforzo realizado nos últimos 15 anos ten sido tan notable como manifestamenet insuficiente.
E, abrasileirando a coisa, ainda podes usar 'blusa' como sinônimo de 'camisa', tanto para homens como para mulheres. Tudo, menos t-shirt, por favor...
Edito para acrescentar mais dois sinônimos com um toque de deconstrução: 'capote' como sinônimo de 'casaco'; e 'agasalho', de 'casaco'. E ainda teríamos que falar da 'jaqueta', do 'blazer' (jaqueta informal) e do 'paletó' (jaqueta formal). Enfim, esse maravilhoso universo da língua e as suas variantes...
@doceasubio O día 25 de setembro hai congreso do PNG-PG, e na véspera celebrará o seu Converxencia XXI. Vistas as palabras de Cuiña, semella claro o plano: en calquera caso, non son eu quen o di, senón el mesmo.
Post meu, tirando a dar: "O papel terma do que lle boten (ou a farsa da análise electoral en LVG)" bit.ly/nz7g9v Un exemplo de inversión e sublimación do boicoz {grin}
@Galegoman Ou non entendeches nin a primeira palabra, ou finxes moi ben. Eu déixoo por imposible, porque nunca fun de trollear e este exceso de mensaxes pola miña parte xa está perto diso.
P.S. O de dirixirte a min en español macarrónico é algún trauma? Ou é para crearmo a min? {wink} O dito, ti ao teu: descualifica, ofende, etiqueta (agora son un politiqueiro e un líder salvapatrias)... que non faltará quen lle dea ao polegar para riba. E diso se trata, como acabas de ratificar.
Que ninguén menos que @galegoman me chame "flipao" é, definitivamente, o meu maior logro en chuza! {lol} Xa podo morrer en paz comigo mesmo e co mundo {grin}
@Galegoman Nin falei de "intereses escuros" nin chos atribuín a ti. Le, por favor: eu si asumo cada palabra que escribo, e non dixen nada diso que ti pretendes facer ver.
@galeguzo Valoro a túa boa intención, como a de @peeler@Turkoo e varios outros intervinientes. Pero non concordo en 2 puntos esenciais: (i) o que se di en público, debe esclarecerse en público; e (ii) por que furtar os debates ao público, se non hai nada o que esconder?
@Galegoman Comecei o día mandando un chío sobre o meu blog, como mostra da vontade de seguir a participar en chuza! Acáboo lendo a túa resposta, groseira e fóra de lugar. Unha boa imaxe do que hai.
En fin, que non sentes a menor necesidade de rectificar nin unha soa palabra: o problema non é que ti difundas mentiras ao meu respecto, senón que eu me ofenda. Pois vale, rapaz. Ti ao teu, que no fina das contas esta casa é moito máis túa ca miña. E se cho consenten todo, fas ben en insistir.
@Galegoman 1. Nin che dei nunca esas confianzas que tomas, nin vou porme ao teu nivel.
2. Chuza! é un medio público e cun alcance notable (menor do que a algúns nos gustaría, pero está visto que somos os menos), polo que se mentes ao meu respecto, non vexo por que te estrañas ao seres desmentido.
3. Chuza! nen morre nin vai morrer. Sinxelamente, poderá seguir sendo un ghetto ou virar algo máis.
4. A intelixencia non ten nada que ver. A educación, bastante. A ética, todo.
@galeguzo 2. En ningún momento aludín a "cousas máis importantes" para non participar máis activamente na asociación. De feito, os que alí nos xuntamos (e mais outras persoas) compartimos desde o primeiro momento o afán por resucitar chuza! e dedicámoslle bastantes horas de traballo a conseguilo. Unha experiencia, por certo, do máis gratificante que teño vivido na web.
Por iso mesmo, entristéceme que chuza! estexa tan aquén do que podería ser, pola acción duns cantos e a omisión doutros.
@galeguzo E lembras ben, pois diso tamén falei. Mais o problema ético -e, por iso mesmo, o principal na miña opinión- é que eu estaba implicado no lanzamento dun medio dixital, que con sorte estará na web nos próximos meses.
Porén, o fundamental é o seguinte:
1. Eu non dixen que non faría parte da A.C. Chuza. Como podería dicir semellante parvada se estábamos alí asinando a acta fundacional da tala asociación?! O que dixen é que consideraba que non debía asumir ningún protagonismo. (sigo)
@galeguzo Despois de positivizar o comentario ofensivo de @galegoman e de dar a calada por resposta ao meu chamamento para que fose ratificada a versión dun de nós por parte das testemuñas presentes na xuntanza de hai 1 ano, paréceme fóra de lugar un chamamento buenrollista como o teu.
Cando se abre un debate, débese ir até o final, non co(a)rtalo con escusas aparentemente ben-humoradas, pero que non pasan de manobras de distracción. Saúdos e unha aperta.
@peeler Entre estar 100% cun usuario que en calquera momento se dá de baixa ou estalo co presidente, ti fas a escolla sensata, que outros chamarán covarde, hipócrita ou intereseira. Eu, pola miña parte, respéctoa, pero fágoches dúas salvedades: (1) non se trata do que pasou hai 1 ano en DinaHosting, senón dun chío falso e ofensivo publicado hoxe mesmo; (2) xa o dixen no comezo: o problema é de comportamento, non de resultados; vir falando de algoritmos é non entender rien de rien. Saúdos.
flechiak: Interessante: http://sppo.osu.edu/people/person.cfm?ID=1738 A identidade galega...