2º día de praza.com e non sei... non me anima a ler as noticias... ¿O contido non é do meu interese? ¿será o xeito de enfocar os temas? ¿culpa do deseño da portada?¿un día soft en canto a noticias?
A pesar diso, despois de mergullar un pouco descúbrese un deseño web moi moi completo.
Veremos nos vindeiros días. Ogallá lles vaia bem...
Os informáticos do chuza, non habería algún código de cores, ou simboliño que se puidera poñer (ben cada usuario para ele mesmo, ben poderllo aplicar os outros usuarios chuzeiros) para indicar que as súas mensaxes/ou mensaxe particular é/son retranqueiras ?
@olizinho Pois pregúntelle se tamén ela quedou atrapada durante días pola neve (nunha gran cidade!) a finais dos anos 90; o que é incribel é vivir con tanto frio! {grin}
o galiciahoxe-zombi-dixital titula hoxe: A polémica sobre a velocidade dos neutrinos, o máis destacado do 2011 no sector científico Imaxe que puxeron para ilustralo: galiciahoxe.com/img/noticias/20111230/einstein_564200.jpg {grin}
@Galegoman Vina nos Multicines Norte (Vigho) en versión dobrada ( {confused} ). A pesar diso nestes cines teñen sempre unha sala en versión orixinal, así que ide!
O malo, antes en GZ a alternativa xornalística de esquerdas aínda podía ser o Xornal e agora ¿que é o que van mercar no IES Terra de Xallas? Elpaís, Público... {sad}
PS: A proposito disto, o galiciaconfidencial.com estase a ver penalizado porque enviamos moitas novas desta fonte... normal! practicamente é o único que vai quedando...
Non é un pouco ilóxico que galiciaconfidencial sexa penalizado e como consecuencia outras fontes tipo lavozlibre.com [fonte á que lle metin un negativo hai pouco] teñan máis facilidade para chegar á capa?
non visito moi decote mais o mundogaliza.com non se atualiza moito ultimamente non? polo menos paréceme que a ultima vez que o mirara tinha mais vida....
Por outro lado, a risco que isto pareza moi capitalista de deus: Alguén sabe dalgunha web ou blogue que en galego que trate da actualidade financeira internacional, índices bursátiles, divisas..?
Tere Gradín Una aclaración previa por expreso deseo del grupo: la presente entrevista fue realizada en gallego, idioma de la tierra en el que se expresa artística e ideológicamente la que sin duda se ha erigido en la más popular banda de hip hop de Galicia
@gelo Indignai-vos! -> Violência -> Indignai-vos pela violência! -> Mais violência -> Indignai-vos pelo aumento de violência! -> Ainda mais violência...
Mirando as histórias enviadas por outros usuarios, (por exemplo Galegoman e filipe, así ao chou {tongue} ) hai algunhas delas que eu persoalmente (non represento ningunha asociación) non chuzaría: Humor, lercheo... algunhas son interessantes, outras... Canto as que enviou vostede mesmo, admito que case todoas son interesantes pero un non ten tempo (ou ganas) de ler 30 cousas super-importantes ao día; se meus ollos dan para discrimar o máis importante fágoo, e tamén agradezo algo de lercheo...
@filipe Entón poderíamos pensar nalgún tipo de discriminación positiva de temas... ¿pero por que discriminar certos temas? ¿cal pode ser ese interese?
Estou pensando nalgunhas historias que teño enviado e que foron negativizadas ou levaron moi poucos votos: Fútbol, eventos populares relixiosos, temática mass-mídia internacional, noticias do Norte de Portugal...
¿pero, son realmente de interese? ¿algúns deles non están suficientemente promocionados polos medios tradicionais? (tv, rádio..)
Ou se cadra non entendi ben este chío chuza.gl/chios/4768 Rexistrarse para poder ler a fonte da noticia? Supoño que tamén podería facerse, pero tamén non me parece positivo. Eu sempre lembro que comezei no chuza entrando de cando en vez (semanalmente?) e votando anonimamente. Admito que se cadra un pouco shock ao principio, por este galeguismo non acomplexado. Cando me decatei que non é radicalismo senón comunidade sen complexos, rexistreime.
flechiak: Interessante: http://sppo.osu.edu/people/person.cfm?ID=1738 A identidade galega...