16votadas

Sindicato noruegués financia exhumacións de guerrilheiros galegos

A central sindical de electricistas Elogit fixo unha doazón de 6.000 euros á Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), que é a que se encarga do trabalho -voluntario e desinteresado- da exhumación de varias vítimas da represión franquista. Grazas ao apoio desta organización norueguesa, o pasado 19 de julho puidéronse recuperar os restos do guerrilheiro galego Perfecto de Dios Fernández, tiroteado pola Garda Civil o 16 de maio de 1950 en Chaherrero (Ávila-Espanha).

15votadas

Cadriño_ Analise do Carrabouxo sobre a balanza fiscal imaxe

Levamos máis ou menos do que merecimos e merecemos? Ache a resposta certa.

11votadas

Empresas de Vigo invisten 75 millóns en proxectos apoiados polo Igape

Máis de 400 proxectos de empresas de Vigo e a comarca recibiron desde xaneiro de 2013 e até o 20 de xullo deste ano o apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para pór en marcha proxectos que mobilizaron unha cifra de investimento que supera os 75 millóns de euros. Todos eses proxectos se puxeron en marcha en Vigo.

10votadas

Ceibes no monte: o cabalo galego nas aulas

O IES Terra de Turonio de Gondomar leva anos poñendo en valor o cabalo galego de monte, os cabalos ceibes a través do proxecto educativo "Ceibes no monte". O alumnado converteuse na principal fonte de coñecemento sobre os cabalos do sur pontevedrés que vén de ser recompilado nun libro-DVD no que se analiza esta especie animal de xeito integral....

14votadas

Projeto Lá Tinha_ A minha câmara fotográfica é uma "Lá Tinha" de sardinhas vídeo

SOBRE Lá Tinha é um projecto que ensina jovens e crianças de Portugal a construir câmaras fotográficas artesanais a partir de latas de sardinha reutilizadas e alguns materiais encontrados em casa. Além da criatividade, queremos estimular a autoconfiança, as habilidades manuais e a capacidade destes jovens ao produzir algo construtivo com um produto que diariamente é consumido e deitado no lixo por milhares de portugueses. A primeira oficina do projecto aconteceu no dia 23 de Outubro de 2013, no bairro Cova da Moura. ir.gl/ec22bf

16votadas

Música galega e espectáculo no III Festival 27373 de Begonte

A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario é a entidade organizadora deste festival de música en galego que conta tamén con programación dirixida aos máis pequenos e que estende ao longo do día. Este ano, a terceira edición, celébrase o sábado 9 de agosto. festival27373.wordpress.com/

Data: 09/08/2014
 1 comentarios en: Cultura, Música karma: 85
13votadas

Visita virtual ao Museo Pedagóxico da Galiza imaxe

Con esta iniciativa retómase e actualízase o testemuño histórico, datado en 1926, da fundación en Compostela dun centro museístico de cobertura territorial galega, especializado en materia educativa. Coa memoria posta nos seus devanceiros, pero coa ollada sempre atenta ao presente e o firme compromiso cos novos retos do porvir, desde o MUPEGA preténdese renderlles homenaxe a cant@s mergullad@s no labor silandeiro e fecundo do día a día fixeron, fan e farán posible a educación das xentes de Galiza.

 sen comentarios en: Cultura, Ensino karma: 93
18votadas

Xosé Manuel Pereiro_Por que non ser Coruña? [opi]

..que teima teñen os arquitectos que interveñen na Coruña coas explanadas. Xa é o segundo intento, despois daquel Plan Bofill, hai unha chea de anos, de urbanizar a Mariña, dándolle máis espazo de uso de ocio e lecer, sinónimos de aproveitamento comercial e hostaleiro. E todo a uns metros dunhas rúas comerciais que están morrendo de morte matada. O uso práctico das tales explanadas pódese comprobar na que crearon na terminal de Alvedro, ningún, quitado coller catarros. Ao mellor non é cuestión dos arquitectos, senón dese andazo mediterraneo..

23votadas

Galeguizar a Galiza_ Facendo pé no dereito vídeo

Coa descuberta dunha placa na casa onde tivo despacho profesional don Amadeo Varela, na rúa do Progreso de Ourense, iniciáronse os actos da sétima asemblea da Irmandade Xurídica Galega. Participaron no acto a familia do homenaxeado acompañados polo presidente da Real Academia Galega, o Fiscal Superior de Galicia, o Decano do Colexio de Avogados de Ourense e o alcalde do Concello; o señor González Trigás, en nome da Irmandade Xurídica Galega, fixo unha glosa da memoria do letrado ourensán.

 1 comentarios en: Cultura, Língua karma: 89
12votadas

A Física vai ó balneario

Investigadores da Universidade de Vigo traballan cun hotel de Oia na aplicación de microalgas en técnicas balneoterápicas.

19votadas

Tras 24 días, a folga de fame en Citroën deixa paso a unha nova fase na loita vídeo

Coincidindo co peche vacacional da factoría, a sección sindical da CIG depón o xexún despois de lograr visibilizar a represión que se vive en Citroën, exemplificada nos despedimentos de Paco e David.

25votadas

Manifestación do BNG no 25 de xullo de 2014 vídeo

Manifestación do BNG no 25 de xullo de 2014 - En pé por Galiza! Soberanía, democracia, dereitos.

18votadas

Pablo Vaamonde_Farjas, Moliner e Ausbanc

Ignacio Moliner Robredo é un alto cargo (director de comunicación) do BBVA. É concuñado de Pilar Farjas (irmá de Mercedes, casada con Fernando Moliner, irmán de Ignacio). Mais ese non é o único vínculo entre ámbolos dous. Moliner Farjas SL (posteriormente denominada Activitas Inversión Inmobiliaria SL) é o nome da empresa constituída polas familias Farjas e Moliner. A empresa participa en diversos negocios. Por exemplo: BBVA vende vivendas de Activitas. Unha das promocións de vivendas da empresa Activitas figura entre as ofertadas na...

20votadas

O poder das mutuas no novo sistema de baixas laborais

Controlarán os procesos desde o primeiro día e proporán aos médicos altas "motivadas". O traballador podería perder a prestación de non xustificar a súa ausencia nun recoñecemento. s mutuas poderán propor a alta médica, pero deberá ser o médico do Sergas o que se pronuncie, ou ben confirmando a baixa ou ben acordando o alta, nun máximo de cinco días. Se neste prazo non existe contestación do facultativo ou hai discrepancia, a mutua poderá solicitar o alta ao Instituto Nacional da Seguridade Social, que deberá pronunciarse no prazo de catro días

21votadas

Unha falecida e máis de 30 feridos nun accidente múltiple en Abadín vídeo

A mesta brétema puido ser a causa de varias colisións múltiples en cadea nas que se viron involucrados uns 50 coches.

« anterior12345...1781» seguinte

Chuza